Premios Consello Social UDC Consello Social UDC

PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS PARA OS PREMIOS IMPULSO UDC 

1.PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS DE CANDIDATURAS

O Consello Social da Universidade da Coruña iniciará o procedemento para a concesión do premio de oficio, a petición razoada de calquera membro da comunidade universitaria vinculado ao PDI ou PAS.

Aqueles que desexen propoñer unha candidatura deberán presentar unha proposta razoada ante o Presidente do Consello Social da UDC, segundo o modelo normalizado que consta no apartado “Formularios”.

As propostas deberán ser remitidas, firmadas e dixitalizadas en formato PDF, dentro do prazo que media entre o 10/11/2011 e o 13/01/2012 ao seguinte enderezo electrónico: consello.social@udc.es.

O Consello Social valorará as propostas de candidaturas e excluirá as presentadas por aqueles que soliciten o premio para os grupos de investigación dos que forman parte e as que non cumpriran cos requisitos formais e de prazo de presentación especificados nas bases da presente convocatoria.

2. REQUERIMENTO DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA AO GRUPO DE INVESTIGACIÓN 

Comprobado o cumprimento dos requisitos da convocatoria, o Consello Social da UDC contactará cos coordinadores dos grupos de investigación propostos aos premios IMPULSO UDC solicitando a aceptación formal das presentes bases e requerindo a presentación do documento “Historial de Investigación”, que figura no apartado “Formularios”, acompañado de toda a documentación acreditativa dos méritos que fose oportuna.

3. REMISIÓN DA DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA AO CONSELLO SOCIAL  

A documentación deberá ser remitida ao Consello Social da Universidade da Coruña en formato electrónico ao seguinte enderezo: consello.social@udc.es, e deberá ser presentada no prazo de quince días, que serán contados a partir do día seguinte á data na que o interesado reciba o requirimento.

4. VALORACIÓN DAS CANDIDATURAS E CONCESIÓN DO PREMIO 

Rematado o prazo para a aceptación de candidaturas e remisión da documentación, o Presidente do Consello Social convocará á Comisión de Relacións Universidade - Sociedade para a valoración dos expedientes, e elevará a proposta de concesión do premios ao Pleno do Consello Social.

O Consello Social fará público o acordo de concesión do premio a través da súa páxina web www.udc.es/consellosocial e remitirá notificación por escrito a todos os interesados.

PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS PARA OS PREMIOS CONFIANZA UDC 

1.PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS DE CANDIDATURAS

O Consello Social da Universidade da Coruña iniciará o procedemento para a concesión do premio de oficio, a petición razoada de calquera membro da comunidade universitaria vinculado ao PDI ou PAS.

Aqueles que desexen propoñer unha candidaturas deberán presentar unha proposta razoada ante o Presidente do Consello Social da UDC, segundo o modelo normalizado que consta no apartado “Formularios”.

As propostas deberán ser remitidas firmadas e dixitalizadas en formato PDF dentro do prazo que media entre o 10/11/2011 e o 13/01/2012 ao seguinte enderezo electrónico: consello.social@udc.es.

O Consello Social valorará as propostas de candidatura e excluirá as presentadas as presentadas por aqueles que soliciten o Premio para empresas ou institucións ás que se atopen vinculados de calquera xeito, ou aquelas que non cumpran cos requisitos formais e de prazo de presentación especificados nas bases da presente convocatoria.

2. REQUERIMENTO DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA Á EMPRESA 

Comprobado o cumprimento dos requisitos da previstos nas bases da convocatoria, o Consello Social da UDC contactará coa empresa solicitando a aceptación formal das presentes bases e requerindolle a presentación do documento “Memoria de actividades” que figura no apartado “Formularios”, acompañado de toda a documentación acreditativa dos méritos que fose oportuna.