Premios Consello Social UDC Consello Social UDC

O Consello Social da Universidade da Coruña recoñecerá públicamente ás empresas que destacaran de xeito significativo pola colaboración coa UDC no desenvolvemento de proxectos e iniciativas innovadoras nos eidos da I+D+i, docencia e extensión universitaria.

 PERFIL DOS CANDIDATOS 

Poderán optar ao Premio CONFIANZA UDC as entidades privadas con personalidade xurídica propia e ánimo de lucro, que contratasen servizos, celebrasen contratos ou convenios coa UDC ou calquera dos seus institutos, departamentos, grupos de Investigación ou servizos.

 CONTÍA E DESTINO DO PREMIO IMPULSO UDC 

Na súa primeira edición, os galardoados baixo o Premio CONFIANZA UDC recibirán un diploma e unha escultura ou gravado conmemorativos.

A concesión do premio CONFIANZA UDC leva implícita ademáis a autorización para o uso dun logotipo, que o Consello Social outorgará co obxecto de contribuir a fortalecer a imaxe pública do grupo de investigación e contribuír a súa proxección social.

 VALORACIÓN DAS CANDIDATURAS 

A Comisión de Relacións Universidade - Sociedade do Consello Social é o órgano encargado de valorar as candidaturas e de elevar ao Pleno do Consello Social a proposta de concesión do premio.

No exercicio do seu labor como xurado, a Comisión de Relacións Universidade Sociedade poderá valerse do apoio técnico que considere necesario para o mellor desenvolvemento das súas funcións.

A Comisión de Relación Universidade Sociedade avaliará as candidaturas presentadas e proporá ao Pleno do Consello Social a concesión do Premio CONFIANZA UDC ao candidato que destacase singularmente na consecución de obxectivos que o Consello Social da UDC considera prioritarios no eido do fomento das relacións universidad-sociedade, sendo susceptibles de seren propostas ao premio aqueles candidatos que destacasen:

a) Polo seu compromiso e a súa implicación no fomento da mellora do labor docente, da actividade de I+D+i e da extensión universitaria na UDC. Neste senso, valorarase a natureza das obrigas asumidas polo candidato nos distintos marcos de colaboración Universidade - Empresa dos que fose partícipe durante o ano 2010, e no seu caso, o apoio económico ou constraprestacións que deles derivasen en beneficio da UDC.

b) Pola significativa repercusión dos resultados da colaboración entre a Universidade e a empresa no progreso económico, social, cultural ou científico de Galicia.

A Comisión de Relacións Universidade Sociedade valorará os méritos acadados polas empresas no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 10 de novembro de 2011.

Con carácter excepcional e motivadamente, a Comisión de Relacións Universidade – Sociedade poderá propoñer ao Pleno do Consello Social que a concesión dos premios se leve a cabo ex-aequo ou que sexan declarados desertos.