Premios Consello Social UDC Consello Social UDC

Outorgamento do premio Impulso UDC, a o grupo de investigación máis competitivo, e Confianza UDC, ao compromiso da empresa coa Universidade.

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña, reunido en sesión ordinaria o pasado 20 de decembro de 2012, acordou por unanimidade, e á vista da proposta de concesión presentada pola Comisión Temporal de Relacións Universidade-­-Sociedade do Consello Social, outorgar o Premio Impulso UDC, ao grupo de investigación máis competitivos da UDC, e Confianza UDC, ao compromiso da empresa coa Universidade,

 PREMIO IMPULSO, AO GRUPO DE INVESTIGACIÓN MÁIS COMPETITIVOS DA UDC

Nome do grupo: Grupo Integrado de Exeñeiría (GII)
Grupo ref. G00098
Centro de adscrición: Centro de Investigacións Tecnolóxicas da UDC (CIT)
Coordinador: D. Richard J. Duro Fernández

 PREMIO CONFIANZA UDC, AO COMPROMISO DA EMPRESA COA UDC

Nome da empresa: Enmacosa, S.A.
Enderezo: Lugar A Torre, 2c – Adina, 36979. Sanxenxo (Pontevedra)

O pasado 12 de decembro de 2012, a Comisión Temporal de Relacións Universidade-Sociedade do Consello Social procedeu a valorar as candidaturas, sobre a base dos méritos acreditados documentalmente polos candidatos e á vista dun informe técnico solicitado polo Consello Social para os efectos de asistir á comisión na súa labor como xurado.

Os méritos acreditados polos candidatos que resultaron premiados nesta convocatoria reflicten o seu singular compromiso e implicación na consecución de obxectivos que dende a perspectiva da misión, visión e compromiso do Consello Social da UDC resultan clave no eido da I+D+i e do fomento da colaboración entre a Universidade e a empresa.

O Consello Social da UDC aproveita a ocasión para deixar constancia do seu agradecemento polo interese e a colaboración de todos os grupos de investigación da UDC e das empresas que participaron no desenvolvemento desta iniciativa.

 
CANDIDATOS PREMIOS IMPULSO UDC
 
CENTRO AL QUE PERTENECE
 
Grupo Integrado de Enxeñeiría
 
E. P. S. - Campus de Ferrol.
 
Estudos económicos: transporte, traballo e sostibilidade
 
Facultade de Economía e Empresa – Campus Elviña.
 
Estudos irlandeses
 
Facultade de Filoloxía – Campus da Zapateira
 
Grupo de arquitectura de computadores
 
Facultad de Informática – Campus Elviña
 
Grupo de investigación cardiovascular
 
Facultade de Ciencias da Saúde – Campus Oza
 
Grupo de tecnoloxía electrónica e comunicacións
 
Facultade de Informática – Campus Elviña
 
Grupo investigación persoa-ambiente
 
Facultade de Ciencias da Educación – Campus Elviña
 
Laboratorio de base de datos
 
Facultade de Informática – Campus Elviña
 
Laboratorio de i+d en intelixencia artificial
 
Facultade de Informática – Campus Elviña
 
Química analítica aplicada
 
Facultade de Ciencias e Instituto Universitario de Medio Ambiente – Campus Zapateira - Elviña
 
Redes de neuronas artificiais e sistemas adaptativos/ centro de informática médica e diagnóstico radiolóxico
 
Facultade de Informática – Campus Elviña
 
Terapia celular e medicina rexenerativa
 
Facultade de Ciencias da Saúde – Campus Oza
 
Xenética de organismos mariños
 
Facultade de Ciencias – Campus Elviña
 
CANDIDATOS PREMIOS CONFIANZA UDC
Enmacosa, S.A
Abeconsa, S.L.U
Reciclaxes de Inertes do Noroeste, S.L.